Concello de Campo Lameiro; A Lagoa. Praza da Provincia de Pontevedra, 1. CP 36110-Pontevedra

Servicios Sociais


Servicios Sociais de Atención Primaria.
C/ Praza da Provincia de Pontevedra, nº 1
Teléfono: 986 75 20 34
Fax: 986 75 20 84

E-mail: servizossociais@campolameiro.com

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Campo Lameiro traballa activamente para mellorar a calidade de vida e a participación na sociedade de todas as persoas e grupos do municipio.

As iniciativas desenvolvidas inciden especialmente nos cidadáns que sofren algún tipo de carencia, marxinación ou desatención selectiva.

A atención primaria é a máis achegada aos cidadáns para buscar respostas ás demandas e necesidades das persoas


O Concello de Campo Lameiro, a través da súa Concellería de Asuntos Sociais; da que é Concelleira Silvia Laredo Quinteiro, informa da programación sociocultural que se ten prevista.

Esta programación conta con diferentes actividades novas e outras ás que se da continuidade e realizadas con éxito xa nso anos anteriores.


Para tódalas actividades será necesario inscribirse no Departamento de Servicios Sociais de Atención Primaria do Concello de Campo Lameiro, onde se dará máis información sobre as actividades, sendo o número de teléfono o 986 752 034

As actividades están financiadas pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia ademáis do Concello de Campo Lameiro.


Dende a Concellería de Asuntos Sociais do Concello anímase a tódolos veciños a participar nas diferentes actividades, ofrecendo diferentes alternativas tanto de ocio como formativas para persoas de tódalas idades.

PROGRAMAS.

Programa de axuda no fogar e apoio á unidade convivencial
Alonxamento alternativo:
Programa de prevención e inserción social
Servicio de Asesoramento e Apoio integral á muller (SAIM)
Programa de desenvolvemento comunitario
Reparto de alimentos da Cruz Vermella Española
Programa de información, orientación e asesoramento

 

EntradaPrograma de axuda no fogar e apoio á unidade convivencial:

Conxunto de tarefas realizadas por persoal cualificado no domicilio do destinatario e no seu contorno social, que se instrumentalizan para atender determinadas necesidades dos individuos e/ou grupos familiares cando estes se encontren en situacións nas que non é posible a realización das actividades cotidianas.

Subir

EntradaAlonxamento alternativo

Conxunto de actuacións que se realizan para conseguir que o individuo en situación de necesidade conte cun marco estable para o desenvolvemento da convivencia: acollida familiar,....

Subir

 

EntradaPrograma de prevención e inserción social

Proceso de intervención social que, co obxectivo último de mellora-lo benestar e a calidade de vida das persoas ou grupos, actúa sobre os factores asociados á xénese de diferentes problemáticas ou necesidades sociais, desenvolvendo actuacións concretas para evita-la súa aparición, reaparición ou agravamento.
Supón a configuración de prestacións específicas, programas ou accións instrumentais de tipoloxía diversa.

 

EntradaServicio de Asesoramento e Apoio integral á muller (SAIM)

Programa de atención especializada dirixido á muller,oferta servicio de atención xurídica, psicolóxica e social

Subir

 

EntradaPrograma de desenvolvemento comunitario

Realización de diversas actividades dirixidas a toda a poboación: excursións culturais, actividades especiais no Nadal, ludoteca, etc...

Subir

 

EntradaReparto de alimentos da Cruz Vermella Española

Nos meses de abril e outubro lévase a cabo o reparto de alimentos da Cruz Vermella Española, procedentes dos excedentes da comunidade europea, que se reparten entre aquelas persoas e/ou familias máis necesitadas do municipio.

Subir

 

EntradaPrograma de información, orientación e asesoramento

Facilitar ó cidadán e á comunidade, en xeral, o coñecemento e acceso ós recursos sociais nunha relación de axuda profesional que garanta unha resposta adecuada ás necesidades recoñecidas como propias do ámbito de actuación dos servicios sociais: pensións non contributivas, RISGA, asistencia sanitaria, axudas económicas non periódicas,....

Dentro deste programa teñen cabida toda unha serie de procedementos:

  • Pensións non contributivas:

DNI e NIF de tódolos convivintes.
Cartilla da seguridade social do solicitante.
Nº de conta bancaria.
Declaracións do I.R.P.F. de tódolos convivintes, ou xustificantes de ingresos.

  • Título de familia numerosa:

DNI dos pais.
Libro de familia.
Dúas fotos de toda a familia .
Para os fillos de idades comprendidas entre 21 e 25 anos, certificado de estudios ou copia da matrícula.

  • Renovación do título de familia numerosa.

DNI dos pais.
Libro de familia.
Para os fillos de idades comprendidas entre 21 e 25 anos, certificado de estudios ou copia da matrícula

  • Axudas á escolarización:

DNI do solicitante.
Libro de familia.
Declaración do I.R.P.F. do último exercicio, ou xustificantes de ingresos de tódolos membros da unidad familiar.
Certificación bancaria.
Factura detallada dos libros comprados.

  • Axudas non periódicas para discapacitados e persoas maiores.

DNI do solicitante.
Orzamento desagregado do gasto a realizar.
Certificación de convivencia.
Declaración do I.R.P.F. da unidade familiar ou certificación negativa de Facenda.
Declaración xurada da totalidade de ingresos da unidade familiar.

  • Recoñecemento da condición de minusvalidez

DNI.
Documento de asistencia sanitaria.
Informes médicos actualizados.

  • Termalismo social

DNI.
Documento de asistencia sanitaria.
Informe médico.

  • Turismo social

DNI.
Documento de asistencia sanitaria.
Informe médico.
Certificación da pensión que percibe.
Declaración do I.R.P.F. ou certificación negativa de Facenda.

  • Vacacións para Maiores

DNI .
Documento de asistencia sanitaria.

  • Inclusión como beneficiario en asistencia sanitaria

DNI do titular e dos beneficiarios a incluír.
Libro de familia ou documentos que xustifiquen o parentesco.
Documento de asistencia sanitaria do titular.
Certificación de convivencia.

  • Asistencia sanitaria a persoas sen recursos

DNI.
Solicitude de Nº de afiliación á seguridade social.
Fotocopia da cartilla da seguridad social, no caso de tela con anterioridade.
Declaración do I.R.P.F. ou certificación negativa de Facenda.
Certificación de empadroamento e convivencia.
Libro de familia, no seu caso.

  • Teleasistencia domiciliaria

DNI.
Cartilla de Seguridade Social.
 

  • Abono social de Telefónica

DNI.
Certificación da pensión.
Certificación de convivencia.
Declaración xurada de ingresos da unidade familiar.

  • Servicio de axuda no fogar

DNI.
Libro de familia, no seu caso.
Cartilla da seguridade social.
Informes médicos
Declaración do I.R.P.F. ou certificación negativa de Facenda
Certificación de pensións Certificación do rendemento do capital mobiliario.
Xustificantes doutros ingresos.

  • Acollemento familiar para maiores e discapacitados

DNI
Cartilla da seguridade social
Nº de conta bancaria
Informe médico do acollido e dos acolledores
Calificación de minusvalidez.
Xustificantes de ingresos.

  • Renda de integración social de Galicia (RISGA)

DNI
Libro de familia.
Calificación de minusvalidez, no seu caso.
Copia do recibo do imposto sobre bens inmobles de naturaleza urbana.
Xustificación, no caso de ser titular doutros bens ou dereitos.
Orzamento formal dos gastos para os que solicita axuda.
 

Subir

 

O Alcalde Responde

Emprego

 
Rutas Petroglifos
Centro Interpretación
Galería Fotográfica
 

Fotografías xente

Emigracion

Festa do Augardente