Parque empresarial de Campo Lameiro
O impulso da actividade empresarial un dos obxectivos da corporación de Campo Lameiro, ao considetar que se trata dun dos piares básicos do futuro do municipio.
Dende esta óptica, déronse os pasos precisos para levar a cabo a creación do polígono industrial.
O Concello leva¡á a cabo a urbanización do Parque. O importe de 3.064.087 euros financiarase coa venda de parcelas, das que xa están solicitadas o 8O por cento. A Deputación aportará a maquinaria para o acondicionamerrto do terreo e a Consellería de Medio Ambiente destina¡á 600.000 euros ao sanamento.

Parcelas de uso industrial:....................................42.000 m2.
Parcelas de uso terciario......................................28.135 m2.
Areas verdes e esparcemento..............................15.075 m2.
Equipamentos.......................................................2.154 m2.
Viais e aparcamentos..........................................19.716 m2.
Servizos.................................................................400 m2.
Superficie total do parque..................................107.682 m2.

O maior proxecto europeo da arte rupestre
O proxecto do parque arqueolóxico de arte rupestre ao aíre libre de Campo Lameiro será o de maíores dimensións deEuropa - 22O.OOO m2. que aloxarán ducías de petroglífos cun incalculable valor arqueolóxico e hístorico.

Un dos obxectivos principaís do Centro de Interpretación é a aproximación do home ao coñecemento dos nosos antepasados
a través do seu arte.
As gandes cifras deste proxecto non só se centran na súa importancia e
magnitude polas 22 hectáreas que ocupará. Para a execución do proxecto, o investimento necesario ascende a 5,5 millóns de euros. Non obstante non é moito o prazo de execución previsto das obras, ...
"Suecia interésase polo proxecto de Campo Lameiro"
A responsable de Patrimonio do goberno sueco visítou o
concello para nteresarse polo proxecto.
Ademais para o seguimento do proxecto constituiuse un comité de expertos.
Máis dun cento de especialistas en arqueoloxia, química, enxeñería, topografia, museoloxía, historia e medio ambiente, tanto de Galicia como do resto de España e da comunidade europea participan no rnaior proxecto arqueolóxico de arte rupestre do vello continente.

Polideportivo e ximnasio con sauna e masaxe
Ampliar a oferta lúdico-deportiva de Campo Lameiro foi sempre un dos
obxectivos prioritarios do goberno local.
Neste senso, as xestións realizadas no 2002 polo goberno local para complementa-las prestacións do pabillón polideportivo deron os seus froitos
Hoxe, os veciños de Carnpo Lameiro poden disfruutar non só das posibilidades que lles ofrecía o polideportivo, senón que ademais contan
cun auténtico ximnasio.
As obras cun investimento de 400.000 €, ampliaron os espazos deportivos en máis de 300m .

Vivendas Sociais
Campo Lameiro promoveu a creación de 8 vivendas sociais.
Atender ás necesidades de vivenda no Concello é unha das obrigas da
Corporación.
Neste senso, o alcalde, Julio Saians, promoveu a construcción de oito vivendas sociais na Veiga de San Miguel.
Este constitúe o primeiro paso para continuar na líña de dotar ó Concello de máis vivendas sociais.

Biblioteca
Unha blibloteca municipal, a carón do Concello, que entre outros servizos permite o acceso gratuito a Internet para os/as usuarios/as.

Centro Sociocultural Sobrino Buhigas
Con este centro dotouse a veciñananza dun lugar para a celebración de distintas actividades, culturais, lúducas, formátivas e artísticas.
O centro dispón dun auditorio completamente equipado con 154 prazas, nun edificio distribuido en tres andares, qwue conta ademaís con salas de exposición, aulas para cursos e obradoiros, e varios despachos.

|