Os seús importantes restos arqueolóxicos falan da antiga ocupación do municipio, datada en torno o ano 3200 antes de Cristo.
A grande cantidade de pedras gravadas e a riqueza dos motivos, fan deste concello a Capital da Arte Rupestre.
Esta situación mantívose durante a Idade de Bronce e a do Ferro, que deron lugar ó desenvolvemento dunha importante cultura castrexa, motivo polo cal mereceu o apelativo de Fogar dos Verdes Castros.
Petroglifo en Campo Lameiro
Dentro da historia moderna do concello merece a pena citar a súa decidida oposición á ocupación francesa, actitude que deu lugar a numerosos ataques e mortos por parte das tropas do mariscal Soult.
A toponimia de Campo Lameiro non queda ó marxe da historia, así atopamos lugares como Chan de Batalla e Mal Paso que recordan esceas da batalla librada contra os franceses en 1809. .
Campo Lameiro conserva un valioso patrimonio arqueolóxico, pero tamén mostras sinificativas da arte posterior, concretamente do románico e do barroco, en igrexas como a de Santa María de As Fragas, San Miguel do Campo e Santa María de Moimenta.

Sta. María de As Fragas |

San Miguel de O Campo
|

Sta. María de Moimenta |
Os progresos na súa accesibilidade convertiron Campo Lameiro nun espazo máis da área pontevedresa, que comeza a recuperar poboación e a ravalorizarse como lugar laboral e residencial.
A grande cantidade de pedras gravadas e a riqueza dos motivos, fan deste concello a Capital da Arte Rupestre.
|
Persoeiros:
Na historia desta vila existiron persoeiros que merecen ser mencionados po-lo que sinificaron para este pobo.
Pedro Antonio Cerviño Núñez, naceu o 6 de setembro de 1757 en Santa María de Moimenta, xurisdicción de Baños, Concello de Campo Lameiro.
Emigrou a Buenos Aires, onde en 1806 ante a posible acometida inglesa creanse as Milicias Urbanas, Antonio Cerviño funda o “Tercio de Voluntarios de Galicia”, composto por cerca de 600 homes, que defendieron a cidade que os acollera.
Os hirmáns Alberto e Melchor Ricoi, naceron en San Miguel del Campo eno século XVIII.
Destacan por contribuir a historia da arquitectura galega con obras como a do Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela (1766-1772), as torres do coronamento Templo Parroquial - A Igrexa de Santiago de Pontedueme (1763), a dirección da Igrexa de Muimenta de Pontedueme (1763), a Dirección do Convento de Sobrado en Lugo,...
En Campo Lameiro contruiron a sús casa familiar que representaría os seus feitos e o seu poder, A Casa da Betarra, construida entre 1750-1780, conta con mais de 20 habitacións.
Por esta misma actividade destaca Frai Benito Puente, veciño de Moimenta. Foi consultado por Casas e Novoa sobre as obras de reconstrucción do Convento de Lourenzá.
|