Concello de Campo Lameiro; A Lagoa. Praza da Provincia de Pontevedra, 1. CP 36110-Pontevedra

Festa da augardente

 

XII Festa da Augardente A Queimada
O Conxuro Carteis das Festas

Alambique

Este escaparate para exhibir os mellores productos da bisbarra no referente á producción de augardente converteuse nos últimos anos nunha cita obrigada para os productores destes exquisitos licores.

 

 


Campo Lameiro figura xa no calendario de citas gastronómicas da provincia de Pontevedra como unha convocatoria ineludible para os amantes do bo comer e mellor beber e para profesionais do sector productivo vitivinícola da bisbarra.

CarballeiraComo é habitual, no primeiro fin de semana do verán e a primeira hora da mañá procédese a un dos actos principais da Festa, o acendido dos alambiques dispostos na Carballeira de Campo Lameiro, comezando así unha demostración da proceso de producción do Augardente.

Seguidamente vanse concentrando os mellores licores extraídos da destilacíón do bagazo da uva trala extracción do mosto.

Os gañadores de cada unha das modalidades de augardente: herbas, branca e tostada, logran o recoñecemento ó seu traballo cun trofeo.


Despois da recepción de autoridades polo alcalde, celébrase a lectura do pregón e o concurso de cata no que os Cabaleiros da Pedra Moura seleccionan os mellores licores de cada unha das tres modalidades.

Cata AugardenteActo seguido, chega un dos momentos máis esperados polos asistentes: o xantar. Ricos pratos como o polbo ou carne ó caldeiro, ademais dun bo tinto de Barrantes.

Como colofón, unha queimada gratuíta.




A augardente é un dos productos do Concello de Campo Lameiro que cada ano cobra maior fama e pode converterse na base da súa industrialización a grande escala, aproveitando as iniciativas europeas existentes.
Mesmo a candidatura que preparan sete concellos da zona para acadar un investimento multimillonario da Unión Europea a través da iniciativa Leader+. A iniciativa privada atópase en bo momento, e coa candidatura presentada en setembro do 2001 comeza a conta atrás para os novos proxectos.

Subir


Entrada
XI Festa da Augardente (Domingo 29 de Xuño 2008) .



Festa Augardente 08
EntradaDOMINGO 15 DE XUÑO

>>20:00 No Auditorio "Sobrino Buhigas".
Sesión de Cinema
coa película "Rebelión en la Isla". Para público infantil.

EntradaSÁBADO 21 DE XUÑO

>>22:00 No Auditorio "Sobrino Buhigas".
Xornada de Teatro
a cargo de: Grupo de Teatro "Asociación Cultural Os Carballiños".
Obra: "IMÁS XINARIUM plus". Para tódolos públicos.

EntradaDOMINGO 22 DE XUÑO

>>19:30 No Auditorio "Sobrino Buhigas".
Certame de Corais coa participación de:
- Coral Alento Xoven de Carril
- Clave de Sol de Cambados
- Coral da 3ª Idade de Dena
- Coral Polifónica de Campo Lameiro

EntradaXOVES 26 DE XUÑO

>>16:00 Na Biblioteca "Irmáns Ricoy".
Obradoiro de Ilustración "O Sombreiro das palabras máxicas" coa escritora e ilustradora Anxeles Rodríguez Ferrer

EntradaSÁBADO 28 DE XUÑO

>>10:00 Festa da bicicleta.

Saída da Carballeira de Rozas pasando por Rozas, Morañó, Alende, A Brea, Armonda, Chacente e chegada a Campo Lameiro.

>>12:00 Entrega de premios.
Dos participantes na Festa da Bicicleta

>>12:30 a 14:30 Na carballeira da feira:

DIVERNENO
(con inchables e circuito de bicicletas, touro mecánico, diversión garantizada para tódolos públicos, entrada libre e gratuita)

>>17:30-20:00 No apracadoiro do colexio

FESTA DA ESCUMA

>>18:00 No Auditorio "Sobrino Buhigas"

Inauguración “EXPOSICIÓN DE TRABALLOS MANUAIS” elaborados nos cursos organizados pola ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS “A CHANCIÑA”

>>19:00 No Auditorio "Sobrino Buhigas"
Inauguración “EXPOSICIÓN DE MANDALAS”  (debuxos en formas concéntricas con aplicacións terapeúticas) elaborados polos veciños de Campo Lameiro con entrega de diplomas.

>>20:00 Na Carballeira:

CONCERTO DE BANDAS
, coas actuacións de:
• UNIAO PINHEIRENSE DE AVEIRO. PORTUGAL
• NOVA BANDA DE MÚSICA DE VILATUXE. LALÍN
• UNIÓN CULTURAL DE CAMPO LAMEIRO

>>22:00 Na Carballeira:
FESTIVAL FOLK, coas actuación de:
- MUTENROHI
- ARDENTÍA

EntradaDOMINGO 29 DE XUÑO: "Festa da Augardente"

>>9:30 Acendido de alambiques
 

>>11:00 Pasarrúas amenizado por:
 

CHARANGA “PADRE APELES” DE PORTAS.
MOSTRA DE ARTESANÍA
(mel, cremas, cerámica, coiro, forxa, instrumentos artesanais, abelorios e metal, etc...)

>>11:30 No pavillón dos deportes: Cata e selección das mellores augardentes do CONCELLO a cargo da:

“ORDEN DOS CABALEIROS DA PEDRA MOURA”

>>12:00-13:00 Degustación gratuita de augardente

>>13:15 Presentación do pregoeiro por Alfonso González (periodista campolameirán de Radio Voz de Pontevedra).

Pregón a cargo de ISI (José Manuel Rodríguez Puente):
 Isi
Humorista da Televisión de Galicia. Concursante e gañador da primeira edición do Rei da Comedia da TVG, este estradense de inimitable sentido do humor, comenzou a súa andaina na televisión no programa "Bravo polos amigos", foi colaborador e reporteiro de numerosos programas de TVG ("As tardes con Ana Kiro", "Supermartes"), protagonista e humorista de programas como: "Zappin-Comando", "Pillados", "Hazme Reir" e actualmente humorista en "Air Galicia", sen esquecer os seus primeiros papeis no cinema com figurista ("La cena" e "O lapiz do Carpinteiro).

>>13:45 Actuación do grupo de gaitas e danzas “Agrupación de Baile Tradicional de Cuntis”.

>>14:00 Xantar popular no pavillón dos deportes

MENÚ
Prezo: 18 euros/persoa.
Inclúe xarrete á augardente, polbo á feira, pan, viño, auga, café e augardentes.
As reservas só se poderán efectuar ,
chamando ó Concello no teléfono: 986 75 20 34, en horario de oficiña e antes do xoves 26 de xuño.

>>16:30 Entrega de premios

• ÓS MELLORES AUGARDENTEIROS
• ÁS MELLORES AUGARDENTES (blanca, tostada e herbas)

HUMOR: XACOBO PÉREZ PAZ e MOISÉS MORALES compoñentes e imitadores do grupo de humor e imitadores da Radio Galega no programa de suma audiencia “CORRE CARMELA QUE CHOVE
 

QUEIMADA POPULAR a cargo da “ORDEN DOS CABALEIROS DA PEDRA MOURA” e degustación gratuita para os asistentes.

Ó remate da festa baile garantizado coa actuación da charanga “PADRE APELES

Subir



Entrada A Queimada.

Un dos máis difundidos rituais da augardente é a queimada.

QueimadaÉ un ritual cheo de misterio e paganismo na que a augardente faise arder con certas fórmulas e engadindo azucre, casca de limón e café ó gusto do queimador. A queimada: a tradicional bebida galega.
Toda festa que se precie ten que rematar cunha queimada. O tempo de queima da augardente varía dependendo do grado de alcohol que queiramos acadar, (20 minutos é unha boa referencia).

Preparación: Nun recipiente de barro pomos a casca dun limón (só a casca), os grans de café, o azucre (125 gramos por litro de augardente) e a augardente, (de Campo Lameiro por suposto). Pomos un pouco de azucre no cullerón (que teña o mango longo para non "queimarnos")e mollamos nel augardente; a continuación prendemos esta augardente e incorporamola lentamente ó resto da augardente. Revolvemos lentamente todo, procurando non tocar o fondo do recipiente. Co cullerón collemos azucre do fondo e escorremos a augardente, deixando que se queime o azucre. Formase caramelo e dámoslle unha cor tostada á queimada. Seguimos dando voltas e queimando o alcohol. Canto máis queimemos a augardente máis suave sairá a queimada. Cando as lapas teñan unha cor azul facemos o CONXURO, sen deixar de dar voltas. Para apagar o lume non debemos soprar nunca (podemos provocar un serio accidente ), o mellor é tapar o recipiente cunha tapa, ou esperar a que se apague o lume.

O correcto é servilo en cuncas pequenas de barro.


Subir

Entrada O Conxuro.

Mouchos, curuxas, sapos e bruxas. Demos, trasnos e diaños, espritos das nevoadas veigas. Corvos, trasnos e meigas, feitizos das menciñeiras. Podres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas. Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios.

Oubeo do can, pregón da morte; fuciño da sátira e pe do coello. Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello.

Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadavres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernais cús, muxido do mar embravescido.

Barriga inútil da muller solteira, falar dos gatos que andan a xaneira, guedella porca da cabra mal parida.

Con este fol levantarei as chamas deste lume que semella ás do Inferno, e fuxirán as bruxas a cabalo das súas escobas, indose bañar na praia das areas gordas.

¡Oíde, oíde! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse na aguardente quedando así purificadas.

E cando este berebaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo embruxamento.

Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada: se é verdade que tendes mais poder que a humana xente, eiquí e agora, facede que os espritos dos amigos que están fora, participen con nós desta Queimada.

Subir

Entrada Carteis.

       
Augardente 05
Cartel 2005

Cartel 06
Cartel 2006

Festa Augardente 07
Cartel 2007
Festa Augardente 08
Cartel 2008

Subir